domingo, 29 de abril de 2018

O gran Xalo

Xalo, o teu nome xa destila inmensidade, e iso foches, inmenso. Sabedores eramos da túa dureza do teu cortalumes, pero aínda así chegounos de carallo.
As oito da mañá quedada enfrente o hotel en Sada e alá fomos, en apenas vinte minutos chegamos ao inmenso aparcadoiro do castelo, e posterior recollida do dorsal. Na bolsa do corredor, unha camiseta, un tiket de café e outro pra churrasco, o precio pagado xa por esto merece a pena. Despois de prepararnos e trotar dez minutos fomos para a meta. Dos cas montaña eramos unha boa pila: Fede, Barry, Manu, Jose Luis,Juanjo, Carlos, Pedro, Iago, Jorge, Fabiola, Cepi, Felipe, Fran e máis eu. Cada un colocouse na liña de saída según lle conviña. A min conviñame atrás e e que eu vexo estas semanas como as do alpe d'huez no tour de Francia, Camovi, Xalo e Lor, por atrevemento non queda. Neste intre volvín a ver os meus amigos Rosa e Manu do clube Hércules que sempre é un gusto compartir momentos con eles. Un foguete e...alá fomos...a miña definición dos primeiros quilómetros e a seguinte, aguanta Rober no té calientes e apartires de ahí embudo total. Case que tres quilómetros de embotellamento, máis de media hora e xa pensando k igual non chegábamos o corte do km 14,5 que eran dúas horas e media. Así, paseniño paseniño foron pasando os metros, e mentras disfrutabamos das vistas e sobor de todo do monte. Porque si amigos este era un trail de monte puro e duro, camiños de monte de toda a vida, poucas pistas e recorrido rompepernas total, sube e baixa, sube e baixa, máis incluso que a camovi. E así chegamos despois da primeira subida que levei moi ben o avituallamento máis ou menos no km 7. Un pouko de isotonico, algunha foto é para abaixo...encantoume toda esta parte, coincidín cun rapaz que coma eu escomezara nisto no trail costa doce de Sada e fíxose ameno o recorrido pero sobre todo polos camiños de monte maravillosos, pedras, auga, barro, o que nos gusta. Segunda gran subida por zona de pedras e ahí nos atopamos, non era a primeira vez, coa chica de la vara alias Bego podiums, e os seus compañeiros...botamos unhas parrafadas, eu unhas fotos, namentres nos chovía por primeira e única vez na proba. E outra baixada das  k m enkantan, terra...monte..árbores...vexetacion, estabao a gozar e a sufrir o mesmo tempo. De ahí o km 19 moita variedade de paisaxes, repito espectacular recorrido e ben balizado e desbrozado. A miña cabeza estaba ben, moi ben, sabía que podía dar máis, podía ir máis rápido, pero non quería, quedaba o máis duro e o Lor esta as portas. Outra semana máis que difícil a nivel persoal pero a compaña do monte, dos amigos do monte, do sufrimento, do desfrute estaba a facer que tódolos problemas foran máis livianos, e así, falando conmigo mesmo chegamos o temido km vertical.
Mirabas para arriba e só varias puntiños de cor, só mirei unha vez e a partir de ahí tira para arriba, e o meu forte pero aínda así botei de menos os bastóns. Foi dura, moi dura, non acababa nunca pero o final e cun sorriso na boca chegamos o km 20. E veña a baixar...e veña camiños pra correr, ahí xa co depósito case vacío, botei man o bolsillo e dinme conta que nalgún lugar perdera os geles así que tocaba apretar os dentes e pra adiante. Catro kms case k nos separaban dunha sorpresiña final en forma de cortalumes que Lles esqueceu sumar o anterior e alí estaba...último esforzo, e a partires de ahí a rolos ata a meta.
Coma sempre ise momento e inolvidable, sobor de todo se coma hoxe hai xente aplaudindo e animando. Cheguei e cheguei millor do que pensaba. Unha grande proba de lume para min, outro reto superado. As veces a solución os problemas está dentro de nós e para arrincala necesitas doses de adrenalina e emoción Pura que en poucos sitios encontras coma neste maravilloso deporte de montaña. Gracias a todos os que compartíst








es un Anaco de trail o meu carón, os compañeiros de equipo, aos meus amigos do monte Luis Couto Bego Lois JL Novos Pichy Rosa Manu e Sabela Fraga, feliz de verbos, de compartir con todos vós a miña paixón. Os que non estabades, xa sabedes quenes sodes, boteivos de menos, pero o Lor xa está ahí.
E fin de festa, ducha fría, e churrasco para todos, viño, cervexa, larpeira, café, música en directo e Touriñán entregando os premios. Podemos pedir algo máis? Blas, o listón esta esta, pero sei que o Lor vaime namorar.
Fotos de podium Cas Sada de Aroa e Tomás López e Fabiola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario