domingo, 22 de abril de 2018

Camovi: Puro monte de Galiza

E chegou a camovi. Outro fin de semana sinalado especialmente, para min un reto maior que tódolos anteriores, 21 kms cunha esixencia extrema. Puro monte galego coma din eles. Pero escomecemos pola previa xa que moitos fomos os que preferimos pasar o fin de semana en viveiro para disfrutar desta grande festa do trail.
Collín un apartamento preto da praia de covas, hostal celta galaico, cun precio espectacular, trato inmellorable e estancia marabillosa. Gracias Cova pola recomendación, e rapidamente tras deixar as bolsas baixei aos actos que se organizaban ese día, a charla de Ramón Blanco, briefing e concerto de rock. Cabe destacar a Ramón, 87 anos, contando as súas experiencias nas sete cumbres, e que ía participar na Marathon de 42 kms. E así paseniño fómonos xuntando na praza maior, o ambiente totalmnte espectacular, ambiente de trail, de xente do monte, e alí estabamos os representantes do cas montaña para dar a nota, unha noite maravillosa, escoitando heavy na praza da herba e cenando todos xuntos rindo como facía tempo non facía, pero as horas pasaban e había que ir, cada un, os seus hoteis para preparar xa o grande día que estaba a piques de comezar. Os da Marathon saían as 8, nos as 10 45. Organicei todo o petate pra o día seguinte e a durmir....
Eu sempre digo que unha carreira e 50 por cento cabeza e 50 por cento físico, eu sabía que como moito podería chegar ó 30 de cabeza tras unhos días malos e o 60 de fisico, sabíao, notabao, pero era a camovi, o meu reto e non m ía rendir tan fácil.
Cedo, tras tomar un café no hotel partín para a praza maior donde xa había compañeiros do cas que ían disputar os 21k e outros disfrutar da andaina. De ahí collimos o primeiro bus e fomos cara a naseiro onde antes de comezar disfrutamos do paso dos primeiros participantes da 42 k e Ramón Blanco. Cruzamos a ponte e adiante!! Saín máis ou menos no grupo central da carreira e os primeiros case 5 kms foron bastante rápidos, extranamente non tiven esa sensación que teño sempre nos primeiros quilómetros de agotamento absoluto e ganas de tirar a toalla. Era unha vil xogada da miña cabeza que hoxe m depararia sorpresas. Antes da primeira subida a aralde xa me pasou silvia Gestal que finalmente quedaría terceira, a subida dura case que a trescentos metros pero para min polo tipo de subida nada en comparación cos duas últimas. Ahí aínda iba adiantando no meu terreno favorito, as subidas. E primeira baixada rápida despois do primeiro avituallamento, non as tiña todas conmigo así que fun perdendo postos pouco a pouco, ata a segunda subida, escarpada, lateral, con barro, pero encontrei a Felipe e que facía os 42k e pegueime a él ata o remate da subida. Estaba ben, levabamos 10 kms, pero faltaba o peor. Si amigos, porque o de sufrir non está para nada sobrevalorado, e cando empezas a notalo interiorizarse e pegarse a cada poro do teu corpo xa é demasiado tarde, o sufrimento está en ti, e así pasei as dúas últimas subidas e baixadas, sufrindo, parando cando non tiña folgos, apretando os dentes cando sabía que podía dar máis...fixéronseme longos eses quilómetros pero sabía que o premio estaba moi preto. Pero aínda quedaba a subida o penedo do galo, o punto máis alto das montañas de viveiro. Non teño palabras para a dureza e a beleza deste paraxe, a punto de caer exhausto nalgún punto pero refixenme e seguín adiante...e cheguei arriba o último avituallamento e dende ahí catro kms de baixada. Ahí chegou Suka, pouko me durou, media baixada, pero eu ahí xa estaba feliz, pensando que ía conseguir o reto que me marcara fai meses, sabía que si estivera o cen por cen podería dar máis pero a vida e así, o importante é chegar. E ahí estaba a última gran sorpresa, a entrada a meta pola estrada principal de Viveiro e as rúas ateigadas de xente aplaudindo..emocionei me..non era para menos, esa felicidade que sentín e imposible de expresar con palabras, hai k vivilo. Tres horiñas, unha milagre para min, un novato, non o podia crer, na meta máis regalos, poder compartir cos amigos eses momentos, Suka, Felipe, Fede y Barry, Cova, Lupe....grandes persoas, regalos que che dá a vida. Outra etapa máis, o domingo toca o xalo e sufriremos, seino, pero nunca me derrotaran antes de intentalo.
Viveiro espectacular, a organización increíble, a carreira a vez dura e preciosa, os amigos o millor da vida. Déixovos fotos de podiums do cas, silvia Gestal e Tomás López e o da miña amiga Lupe, o resto fotos de disfrute total.




Ningún comentario:

Publicar un comentario